NOVA EXPOSICIÓN NO CASTELO DE PAMBRE: “20 CARTEIS DE AZUCENA P.SOUTO” DO 16 DE MAIO AO 27 DE XUÑO

O venres 15 de maio ás 17:00 horas será inaugurada no Castelo de Pambre a exposición de “20 carteis de Azucena P. Souto”, comisariada polo galerista Braulio Vilariño.

Dotada dunha gran capacidade analítica e unha encomiable creatividade, a deseñadora gráfica Azucena Souto deseñou os carteis e material gráfico de gran parte das exposicións colectivas e individuais de artistas como Menchu Lamas, Antón Patiño, Correa Corredoira, Álvaro de la Vega, BelKis Oliveira, J M Méndez, Viki Rivadulla, Adolfina Mesa, Peter Kramer ou Anxo Cabada entre outros, que o Instituto de Estudos Ulloáns organizou nos últimos anos no Castelo de Pambre. É tamén autora do logo do Instituto de Estudos Ulloáns, que representa sintéticamente as raíces e o patrimonio cultural da Ulloa.

A exposición permanecerá aberta ao público dende o 16 de maio ao 27 de xuño de 2026.