NOVA EXPOSICIÓN NO CASTELO DE PAMBRE DO ARTISTA DANÉS PETER KRAMER “NÓS”  QUE RECOLLE OBRAS TANTO DE PINTURA COMO  DE ESCULTURA

Este sábado 24 de febreiro ás 12 h. será inaugurada no castelo de Pambre a exposición do artista danés Peter Kramer Nós, comisariada polo deseñador e galerista coruñés Manolo Eirín e coordinada polo galerista do IEU Braulio Vilariño. O deseño e maquetación de dípticos e carteis son de Azucena Souto (Dú-as), e as fotografías de Peter Schneider.

Peter Kramer, artista danés residente en Malpica, expón en Pambre obras tanto de pintura como escultura, nas que supedita o volume e a cor a unha textura cálida e próxima, bicromática, tramada con nós inspirados nas redeiras da Costa da Morte, nós de liño e algodón que, a modo de imaxes pixeladas, achégannos ás nosas raíces culturais.

A exposición, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns coa colaboración do Concello de Palas de Rei, permanecerá aberta ao público do 24 de febreiro ao 14 de abril de 2024.

Díptico